Mes da astronomía na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mes da astronomía na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Foto de arquivo
Mes da astronomía na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Este mes acolle un ciclo de actividades adicadas á astronomía

Un ano máis, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e no marco do programa TODOCOSMOS, acolle para o mes de novembro un ciclo de actividades adicadas á astronomía.

O venres 16 de novembro haberá un obradoiro infantil de astronomía dirixido a idades comprendidas entre os 4 e o 6 anos. Tamén terá lugar a observación do ceo ncturno con telescopio a partir das 19:30 hohras no Salón de Actos. O venres 23 de novembro haberá outro obradoiro infantil de astronomía, esta vez dirixido a idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos. E o venres 30 de novembro tocaralle os rapaces e rapazas de 11 a 14 anos co obradoiro infantil de astronomía.

Comentarios