"Oportunidades para o talento e a creación do emprego nas economías locais": xornadas de emprego en Santiago

Os vindeiros 13 e 14 de novembro o Palacio de Congresos acolle o espazo aberto polo emprego Talentia 2018

"O obxectivo destas xornadas será coñecer as claves do mercado laboral, ampliar os coñecementos sobre as actuais demandas das empresas e traballar as ferramentas e competencias requiridas para a inserción laboral. Trataríase de abrir camiños para impulsar a empregabilidade dende as economías locais na Era do Talento": indicou Marta Lois, concelleira de Emprego, na presentación das xornadas na que estivo acompañada de Xavier Ferreiro, técnico responsabel da área.

Dende o pasado mércores ás 19:00 horas están abertas as inscricións para Talentia 2018

A inscrición é de balde e poderase facer en www.talentia.gal, onde se actualizarán case a tempo real as inscricións e se poderá consultar o número de empresas inscritas. Xestionaranse máis de 200 postos de traballo, haberá 23 mentores persoais e realizaranse 367 probas de certificacións.

Comentarios
Lo más