Nao despídese cun novo e derradeiro álbum e unha nova e derradeira xira

Nao despídese cun novo e derradeiro álbum e unha nova e derradeira xira
Nao despídese cun novo e derradeiro álbum e unha nova e derradeira xira

O grupo de música galega pon punto e final a unha traxectoria de 13 anos

O 20 de novembro sae á luz o derradeiro disco de Nao "Ata que o lume se apague", un album de trece temas gravado entre Galicia e Euskadi, e que será presentado na Nave de Vidán (Santiago) ese mesmo día ás 17:00 horas. Alí o grupo falará do proceso de gravación e o sentido das cancións e tocarán algún tema do novo disco en acústico.

Comeza tamén a derradeira xira da banda cun primer concerto o 5 de decembro na Sala Capitol de Santiago. Nesta presentación do disco explicarán tamén como vai ser esta derradeira xira e anunciarán, en exclusiva, a data e o lugar do cocerto final, xa que poñen punto e final a súa traxectoria que comezou no ano 2005.

Comentarios