O BNG denuncia que o PP esquece as parroquias de Ribeira

O BNG denuncia que o PP esquece as parroquias de Ribeira

O voceiro do BNG en Ribeira, Xosé Antonio Vázquez Cobas, denunciou os problemas de mantemento de Castiñeiras e Areeiros.

O voceiro do Bloque no Concello de Ribeira, Xosé Antonio Vázquez Cobas, visitou a parroquia de Castiñeiras e o lugar de Areeiros para comprobar o estado de conservación en que se atopan as rúas e vías da zona. Durante a visita, motivada segundo o BNG polas queixas veciñais recibidas, Vázquez denunciou que existen tramos de beirarrúa "esnaquizados", con abundante vexetación e con elementos que dificultan a accesibilidade e que supoñen un risco. Tamén fixo alusión ao mal estado das xardineiras e árbores da zona.

En relación a estas "eivas que paden desde hai meses" os veciños, o voceiro nacionalista declarou que "o PP gasta unilateralmente millón e medio para o Malecón mentres as parroquias esmorecen", e afirmou o compromiso do BNG para "darlle vida ás parroquias".

Comentarios