A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia en Dublín a vulneración de dereitos lingüísticos en Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia en Dublín a vulneración de dereitos lingüísticos en Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia en Dublín a vulneración de dereitos lingüísticos en Galicia

O presidente da entidade entregou un informe que denuncia a falta de compromiso do Estado e da Xunta para garantir o pleno uso do galego.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, entregou en Dublín un informe sobre a situación do galego ao Secretariado da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, Sixto Molina. O contido do texto tamén foi exposto por Maceiras na Asemblea xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), entidade consultiva europea que aglutina 150 entidades representativas de 45 linguas minorizadas de 23 estados europeos.

O informe advirte de que tanto o Estado como a Xunta incumpren as súas obrigas en todas áreas nas que deberían garantir a presenza normal da lingua galega, cometendo así graves deficiencias na aplicación da Carta europea, tratado internacional que protexe as linguas minorizadas e que foi ratificado por España en 2001 no seu grao máximo. 

Segundo a Carta, o Estado debería garantir o pleno uso do galego nos territorios onde é oficial e debería protexelo en ámbitos como a educación, a xustiza, os servizos públicos ou os medios de comunicación. Porén, denuncian desde A Mesa, existen grandes eivas en todos os campos, pois o decreto de plurilingüismo e aplicación la LOMCE impiden cumprir os máximos para o galego no ensino, a xustiza non ten garantías para desenvolverse en galego, a Administración incumpre os requisitos de coñecemento e uso do galego, os medios de comunicación non promoven a lingua propria, a publicación e distribución de cultura en galego diminúe e grande parte do tecido empresarial e económico de Galicia non utiliza o galego para a publicidade, os trámites ou os contratos que realiza.

Comentarios
Lo más