Piden a recuperación dos campos de fútbol das parroquias de Santiago

Piden a recuperación dos campos de fútbol das parroquias de Santiago
Piden a recuperación dos campos de fútbol das parroquias de Santiago

Compromiso quere volver a darlle vida a estes espazos colectivos para a veciñanza

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso ás vindeiras eleccións municipais, propón recuperar os campos de fútbol das do rural compostelán. Estes campos foron abandoados paulatinamente. 

Coa chegada da herba artificial, foi decaendo primeiramente o seu mantemento e o seu uso despois, destinando os recursos públicos para os campos máis urbanos, máis céntricos, máis modernos e para a practica do fútbol federado.

“Desde Compromiso propoñemos a recuperación destes espazos para o deporte non federado e para a veciñanza”, sostén Bascuas ao tempo que dí que “estes campos poderían usarse para aumentar as sesións de adestramento dos numerosos equipos federados, reclamación histórica do fútbol de base santiagués, e así cunha única solución solventar dous problemas”.

Comentarios
Lo más