Unha unidade didáctica aborda a importancia científica e histórica da expedición que levou a vacina da varíola a América

Unha unidade didáctica aborda a importancia científica e histórica da expedición que levou a vacina da varíola a América

Na unidade destácase o papel fundamental da enfermeira galega Isabel Zendal

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou onte en Santiago a unidade didáctica Cómo chegou a vacina da varíola a América? , material foi elaborado polos docentes: José Viñas do IES David Buján de Cambre; Xacobo de Toro do IES Urbano Lugrís de Malpica; e David Eiroa do CPI de Atios de Valdoviño.

A unidade didáctica, que está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO, pon de manifesto a relevancia histórica da Real Expedición que partiu a comezos do século XIX dende A Coruña para levar a vacina da varíola ao continente americano. Destácase o papel fundamental na expedición da galega Isabel Zendal, considerada pola Organización Mundial da Súde a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

Esta unidade didáctica foi merecedora dunha mención de honra nos premios "Ciencia en Acción", o xurado salientou o gran valor didáctico do material que combina xogos e actividades á vez que aborda un tema tan actual e interesante como o das vacinacións.

Comentarios