A A.D. Vila de Ordes entrega un donativo de 506 á xunta local de Ordes da AECC

A A.D. Vila de Ordes entrega un donativo de 506 á xunta local de Ordes da AECC

Emilia Pardo, presidenta local da AECC, acompañada doutros membros da xunta foi a encargada de recoller recentemente o cheque no campo de fútbol de Vista Alegre

A xunta local de Ordes da AECC vén de recibir un donativo de preto de 506 € por parte da A.D. Vila de Ordes, quen organizou un partido benéfico contra o Abellá a finais do mes de outubro. 

O Concello de Ordes agradeceu públicamente este xesto, que pon de manifesto a sensibilidade, xenerosidade e solidariedade tanto da directiva como dos xogadores. 

Emilia Pardo, presidenta local da AECC, acompañada doutros membros da xunta foi a encargada de recoller recentemente o cheque no campo de fútbol de Vista Alegre.

Comentarios