Teo conta cunha aplicación para enviar ao concello de avarías ou incidencias

Teo conta cunha aplicación para enviar ao concello de avarías ou incidencias

O funcionamento do novo servizo é semellante ao de WhatsApp, pero Teo Avisos conta cunha tecnoloxía interna diferente que fai posible validar a información, clasificar e xestionar os avisos

Este 5 de novembro comezou a funcionar Teo Avisos, a nova aplicación para móbiles que permite unha comunicación directa entre a cidadanía teense e a Administración municipal. 

A nova aplicación permite avisar ao Concello de avarías, incidencias ou desperfectos directamente desde o lugar no que suceden, sen intermediacións. Ademais, pódense remitir fotografías e a xeolocalización do asunto sobre o que se envíe a comunicación.

O funcionamento do novo servizo é semellante ao de WhatsApp, pero Teo Avisos conta cunha tecnoloxía interna diferente que fai posible validar a información, clasificar e xestionar os avisos, e que resultados poidan ser catalogados e avaliados por quen a use, o persoal técnico e responsables políticos.

As comunicacións quedarán rexistradas e será posible seguir a súa evolución e que resposta se dá desde o Concello.

Desde o día 5 de novembro a aplicación poderá instalarse no móbil. Haberá que acceder a https://somos.teo.gal/app e descargala. Tamén está dispoñible na App Store e na tenda de Google Play.

A ferramenta permitirá ademais outros servizos sen ter que consultar a web do Concello, xa que se poderán ver as seccións de novas, axenda ou lugares de interese no teléfono móbil.

Esta nova aplicación funciona de xeito integrado coa plataforma de participación veciñal Somos Teo, que desde hai ano e medio é unha ferramenta para coñecer as opinións dos e das teenses en distintos temas de ámbito municipal. A aplicación aproveita a tecnoloxía para reforzar o contacto entre as persoas e o Concello e tamén será un escaparate para valorar o traballo que se efectúa en toda a actividade municipal, que a miúdo non se observa.

Comentarios