Ribeira conmemora a Constitución española con caricaturas de Siro López

Ribeira conmemora a Constitución española con caricaturas de Siro López

Serán exhibidos 117 retratos de personalidades que protagonizaron a Transición.

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira exhibirá do 9 ao 26 de novembro a exposición titulada O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro. Trátase dunha mostra promovida pola Deputación da Coruña que pretende conmemorar as catro décadas da Constitución española a través de 117 caricaturas que abordan a época da Transición, todas elas realizadas polo debuxante ferrolán Siro López.

O percorrido da exposición comeza coa morte de Franco e remata na vitoria de Felipe González nas eleccións xerais de 1982, e nela están retratadas personalidades históricas como o Rei Xoán Carlos, Manuel Fraga ou Santiago Carrillo.

O acto inaugural terá lugar o venres 9 ás 21:00 horas, e a mostra poderá ser visitada de luns a sábado en horarios de mañá e de tarde con entrada gratuíta. 

Comentarios