Rolda de prensa de presentación de Cinema Crianza cuns invitados moi especiais

Rolda de prensa de presentación de Cinema Crianza cuns invitados moi especiais

Unha representación do alumnado do CEIP A Maía de Bertamiráns asistiu á presentación

Hoxe, as 11:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Ames, tivo lugar a presentación do Festival Cinema Crianza, que organiza o Concello de Ames e a cooperativa cultural Urdime, coa colaboración da Deputación da Coruña. Para a mesma estaban presentes o concelleiro de Cultura, David Santomil;  a alcaldesa por delegación, Genma Otero; a vicepresidenta da Deputaición da Coruña, Goretti Sanmartín; o director do festival, Marcos Nine; e a coordinadora de Urdime, Cristina Fiaño.

Esta convocatoria tivo uns invitados especiais: os alumnos do CEIP A Maía de Bertamiráns. O alumnado estivo atento á presentación deste festival audiovisual que está dirixido especialmente para eles, para o público infantil do Concello.

O Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Crianza desenvolverase do 15 ao 18 de novembro na Casa da Cultura de Milladoiro e Bertamiráns. Este ano ten como novidade a apertura do certame a centros escolares, xa que era imprescindible darlle a importancia que ten ao cine no ámbito educativo.  "A vinculación do audiovisual e a docencia era unha asignatura pendente", afirmou David Santomil.

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Santomil considerou o certame coma "unha proposta singular porque está dirixiada a público novo" para afacelos a consumir cinema. Tamén lembrou que este outono están a desenvolverse tres festivais pensados para este público como, ademáis de Cinema Crianza, os Galicreques de Santiago e o Tititriberia de Teo. Afirmou que "sería de especial interese artellar ese triángulo máxico para aproveitar sinerxias e achegar a cultura a nenos e nenas que son tamén o futuro público para a música, o cinema ou o teatro".


Comentarios