Un mural contra a violencia de xénero en Boqueixón

Un mural contra a violencia de xénero en Boqueixón

Trátase dunha das accións para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón acaba arracar coa nova campaña especial con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro. Baixo o lema A mans par loitar, non para ferir, a fala para acariñar, non para anular, a programación céntrase en obradoiros de prevención para a xuventude e un mural participativo.

Para poder participar nesta campaña, as persoas interesadas deberán realizar unha fotografía amosando unha man violeta, que se pode solicitar no propio Concello ou que tamén se pode descargar en www.boqueixon.com. As imaxes deben facerse chegar ao enderezo electrónico cim@boqueixon.com antes do 21 de novembro. Todo o material que se reciba será utilizado para a elaboración do mural que se exporá o 25 de novembro.

Comentarios