Remata o prazo para inscribirse nos obradoiros de escritura creativa do Concello de Ames

Remata o prazo para inscribirse nos obradoiros de escritura creativa do Concello de Ames

Os talleres serán impartidos pola escritora María Lado e polo poeta Carlos Negro

O xoves 8 de novembro acaba o prazo para inscribirse nos obradoiros impartidos pola escritora María Lado no Milladoiro, e polo poeta Carlos Negro en Bertamiráns. Trátase de obradoiros de balde que terán lugar do 10 de novembro ao 15 de decembro, e forman parte da iniciativa Escola de Escritoraes da Asociación de escritoras e escritores en língua galega.

O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Ligüística, predente achegar aos e ás participantes ao mundo da lectura e da creación literaria. Para inscribirse hai que enviar un correo a normalización@concellodeames.gal, no que debe constar o nome e apelidos, teléfono de contacto, idade e obradoiro escollido.

Comentarios