‘Mapatón en Santiago’: Cartografar colectivamente zonas en crisis

‘Mapatón en Santiago’: Cartografar colectivamente zonas en crisis

A actividade desenvolverase na aula 17 (2ª planta) da Facultade de Xeografía e Historia en dúas quendas -unha de 11:00 a 14:00 horas e outra de 17:00 a 20:00 horas-

Aínda existen zonas do mundo que non aparecen nos mapas, pero hai que chegar a eles para así axudar a quen máis o necesita. Nesta liña, a Facultade de Xeografía e Historia, Médicos Sin Fronteras (MSF), conxuntamente co equipo de Missing Maps, organizan un hoxe mércores 7 mapatón co obxecto de reunir persoas interesadas en colaborar na documentación das poboacións dos países que son máis vulnerables a sufrir crises e posterior elaboración dos mapas de interese para proxectos humanitarios .

A actividade desenvolverase na aula 17 (2ª planta) da Facultade de Xeografía e Historia en dúas quendas -unha de 11:00 a 14:00 horas e outra de 17:00 a 20:00 horas-. Só se necesita coñecemento básico de ordenadores e internet. Non é necesaria experiencia en creación de mapas nin tampouco é indispensable vir cun ordenador portátil. Ademais, haberá profesorado da Facultade de Xeografía e Historia que de xeito altruísta explicará a ferramenta e resolverá todas as dúbidas. 

Grazas á tecnolóxica colaborativa pódese mapear, de forma rápida, segura e sen apenas ningún custo, as zonas xeográficas onde se quere intervir. Así naceu o proxecto Missing Maps, unha iniciativa posta en marcha por Médicos Sen Fronteiras xunto coa Cruz Vermella Británica, a Cruz Vermella Americana e o equipo humanitario de OpenStreetMap. O seu obxectivo é colocar (literalmente) no mapa do mundo as poboacións máis vulnerables para que as organizacións humanitarias melloren os datos de que dispoñen sobre as súas necesidades e poidan dar unha mellor resposta. 

Comentarios
Lo más