Venres de teatro na Casa da Cultura de Bertamiráns

Venres de teatro na Casa da Cultura de Bertamiráns
Venres de teatro na Casa da Cultura de Bertamiráns

O grupo Sen Cancelas Teatro representará a obra 2010, dirixida por Xan Solo.

O grupo de teatro afeccionado Sen Cancelas Teatro presentará a súa obra 2010 na Casa da Cultura de Bertamiráns. A cita terá lugar o vindeiro venres 9 de novembro ás 21h00 horas e as entradas serán de balde ata completar aforo.

A peza, dirixida por Xan Solo, basease nun misterioso feito real que puxo nunha situación limite a oito personaxes descoñecidas entre si, sacando o mellor e o peor de cada unha delas. Durante os sesenta minutos que dura a representación, o público terá oportunidade de sorprenderse co desenvolvemento da trama, así como de reflectir sobre a natureza humana.

Comentarios