Presentación en Compostela do último libro de Miguelanxo Prado

Presentación en Compostela do último libro de Miguelanxo Prado
Presentación en Compostela do último libro de Miguelanxo Prado

Terá lugar este xoves no Espazo Enocultural Vide,Vide!

O Espazo Enocultural Vide,Vide!, sito na céntrica rúa compostelana da Fonte de Santo Antonio, acollerá este xoves a presentación do último libro de Miguelanxo Prado, que leva por título Valdeorras. Trátase dun caderno de viaxes dedicado á comarca ourensá no que, a través da palabra e da imaxe, retrata o mundo do viño, as súas paisaxes e a súa historia. O acto dará comezo ás 19:30 horas e será presentado pola editora Gemma Sesar.

O libro preséntase nunha coidada edición do selo InCógnita, creado por El Patito Editorial para recoller os proxectos persoais do ilustrador Miguelanxo Prado e da escritora Uxía Meirama.

Comentarios