O PPdeG pide á Xunta que se declare o Parque do Pasatempo de Betanzos como Ben de Interese Cultural

O PPdeG pide á Xunta que se declare o Parque do Pasatempo de Betanzos como Ben de Interese Cultural
Foto de arquivo
O PPdeG pide á Xunta que se declare o Parque do Pasatempo de Betanzos como Ben de Interese Cultural

Tamén solicita ao Concello de Betanzos avanzar na conservación e mantemento

A deputada do Grupo Popular, María Antón, demandou onte no Parlamento de Galicia que se axilice a declaración de ben de interese cultural do Parque Pasatempo en Betanzos, que está en fase de resolución das alegacións presentadas.

A deputada popular dixo que este espazo singular está incluído no programa de recuperación de Bens de Interese Cultural do Camiños de Santiago que o Presidente da Xunta presento o pasado 24 de outubro ao ministro de Cultura e Deporte.

Según indicou Antón, "ahora tócalle avanzar ao Concello de Betanzos" xa que o Parque do Pasatempo é de titularidade municipal e as actuacións de conservación e mantemento son competencia do seu propietario. A deputada popular recordou que o Concello de Betanzos anunciara hai máis de un ano que ía licitar o proxecto técnico, pero que a día de hoxe aínda non se sabe nada ao respecto.

Comentarios