Os socialistas lamentan a alta precariedade laboral en Galicia

Foto de arquivo
Os socialistas lamentan a alta precariedade laboral en Galicia

Fernández Leiceaga denunciou a pasividade do goberno galego 

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou a alta precariedade laboral rexistrada en Galicia e o escaso esforzo da Xunta por mellorar o mercado laboral. Explicou que o 90 por cento dos contratos asinados no último ano son temporais, e que dende o comezo da recuperación en 2014, un de cada dous empregos son temporais.

Fernández Leiceaga denunciou a pasividade do goberno galego e resumiu que en Galicia "temos creado pouco emprego, o que creamos non cumpre coas condicións de estabilidade e suficiencia salarial, co que condena o presente de mocidade mellor formada da nosa historia e sacrifica o seu futuro".

O portavoz urxiu á Xunta de Galicia a poñer en marcha os mecanismos dos que dispón para impulsar a estabilidade laboral, reivindicou a implicación do goberno galego para colaborar coa aplicaicón en Galicia do plan para a creación de emprego xuvenil impulsado polo goberno central, instou a que respalde a suba do Salario Mínimo Interprofesional.

Comentarios