Investidos 136.000 euros nas obras do camiño ao cemiterio e dos viarios do núcleo de Quistiláns

Foto de arquivo
Investidos 136.000 euros nas obras do camiño ao cemiterio e dos viarios do núcleo de Quistiláns

Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018

A Xunta de Goberno local acaba de aprobar o expediente de contratación das obras do camiño de Quistiláns ao cemiterio e dos viarios do núcleo. O importe do contrato é dun total de 136.820,22 euros. Estas actuación están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018.

Neste proxecto contémplase a pavimentación dos viarios do núcleo de Quistiláns e a mellora e pavimentación do camiño qu eune QUistiláns co cemiterio, todo elo na parroquia de Bugallido.

A propósito destas obras, o concelleiro de Obras, Blas García, destaca o investimento do Concello no rural.

Comentarios