A axenda do San Martiño de Francos está cargada de actividades

A axenda do San Martiño de Francos está cargada de actividades

Varias propostas compoñen a axenda da Feira do San Martiño que este ano cae en domingo

A gastronomía de calidade e os productos tradicionais teñen un protagonismo especial no programa de actividades da Feira do San Martiño de Francos. 

Unha das propostas máis destacadas será o evento enogastronómico con degustación de viños da subzona Ribeira da Ulla da Denominación de Orixe Rías Baixas, na Carballeira de Francos. Tamén se poderán degustar queixos galegos con selo de orixe e calidade. A xornada contará con catas comentadas dos dous produtos.

Dentro da mesmea iniciativa, resérvase un espazo propio para a recuperación das masolas, prato tradicional de Teo. O Concello ofrecerá unha degustación preparada nas instalacións da Feira.

Outras das actividades que se encadran nestas xornadas son unha ruta ao Castro Lupario e unha carpa de artesanía galega.

Por primeira vez vaise celebrar unha xeira de Cantos de Taberna na véspera do San Martiño. A intención desta actividade é animar as horas previas á festa.

Tamén volve Barriga Verde ao San Martiño: o festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos chega con a maior dimensión: sete días de programación e incremento da súa presenza na Feira Cabalar de Francos. Serán un total de doce funcións de títeres espalladas por todo o municipio.

Haberá un concurso de móbil dirixido á mocidade do Concello. Baixo o cancelo #OMeuTeo, e a mención de @MocidadeTeo, persoas de Teo entre 12 e 25 anos poden participar con un máximo de tres fotos entre o 4 e o 18 de novembro. A temática é a Feira do San Martiño de Francos e as fotos débense subir ao Twitter ou ao Instagram.

Comentarios