Alergoloxía de Santiago lanza un curso online para que os doentes coñezan máis de cerca as alerxias

Alergoloxía de Santiago lanza un curso online para que os doentes coñezan máis de cerca as alerxias

Tódolos módulos do curso son gratuítos e pretenden dotar a pacientes cos coñecementos e habilidades necesarias para o control das enfermidades alérxicas

Máis do 25% da poboación española ten algún tipo de alerxia, segundo datos da Sociedad Española de Alergología e Inmunología Clínica (SEAIC). Esta patoloxía atópase tamén entre as seis enfermidades máis frecuentes segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) e afecta en especial a nenos e a persoas novas nas fases das súas vidas nas que a produción laboral e académica é máis intensa. Do mesmo xeito, interfiren de maneira significativa nas activades cotiás e perturban frecuentemente o sono dos afectados.

A calidade de vida dos pacientes vese deteriorada polos síntomas diarios e por estar condicionados a someterse a un tratamento continuado, polo que ter un maior coñecemento sobre os síntomas da enfermidade beneficia tanto ás persoas alérxicas como ás súas familias e coidadores no manexo, coidado e abordaxe dos síntomas que poidan ter na súa vida cotiá.

Por iso, co obxectivo de informar e concienciar aos pacientes da importancia de coñecer a enfermidade alérxica e responsabilizarse do seu coidado, a SEAIC, coa participación de varias asociacións de pacientes, e coordinado por Virginia Rodríguez, alergóloga do Servizo de Alergoloxía da Xerencia de Santiago desenvolveu o curso “ Soy Experto en Alerxia” que a través da web soyexpertoenalergia.es porá a disposición dos afectados unha serie de módulos online de inscrición gratuíta que mediante videoclases e materiais adicionais formativos permitirá aos interesados achegarse e coñecer da man de expertos os aspectos básicos, tratamento diario e posibles síntomas que poden presentar as distintas manifestacións da patoloxía alérxica.

Segundo o informe “Los ciudadanos ante la Sanidad 2016” elaborado polo observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedad da Información ONTSI, o 60,5% das persoas utiliza Internet para realizar algunha busca sobre a súa saúde e até un 25,7% consulta os seus síntomas antes de ir ao médico. As novas tecnoloxías poden servir de gran axuda para os pacientes pero se ten que dispoñer dunha información correcta, contrastada e adaptada a cada paciente para tomar as decisións axeitadas nos posibles tratamentos. “A educación sanitaria tanto para alérxicos como para a súas familias é esencial no mantemento da enfermidade, por iso con este curso queremos motivar ao paciente a conseguir o control da alerxia e mellorar a súa calidade de vida, apunta a doutora Virginia Rodríguez, coordinadora da comisión de relación coas asociacións de pacientes da SEAIC.

O proxecto está formado por tres módulos: 1. Introdución á alerxia: coñecementos básicos en Alerxia; 2. Controlar o asma é posible; 3. Vivir con alerxia a alimentos.

A elaboración de cada un deles contou co asesoramento de médicos alergólogos, membros de asociacións de pacientes e expertos en saúde dixital.

Como todos os módulos son online os interesados poden inscribirse gratuitamente a través da web soyexpertoenalergia.es. Cada un deles conta de videoclases e materiais adicionais formativos, tanto en formato vídeo como texto. Todos estes cursos están dirixidos a pacientes con alerxia, familiares, coidadores e membros de asociacións de pacientes con propósito de comprender o comportamento das enfermidades alérxicas, identificar os posibles síntomas e reaccións, adquirir as habilidades necesarias para o seu tratamento e control preventivo, así como coñecer as experiencias doutros pacientes e o traballo que realizan a diferentes asociacións.

“A revolución dixital en saúde ofrece xa a oportunidade de utilizar ferramentas dixitais para o manexo diario dos pacientes , por iso lanzamos este proxecto co obxectivo principal de educar ás persoas que viven con algún tipo de alerxia e/ou asma no seu día a día”, destaca a doutora Rodríguez.

Comentarios