A danza contemporánea chega á Casa da Cultura de Milladoiro

A danza contemporánea chega á Casa da Cultura de Milladoiro

A compañía Entremáns representará este venres o espectáculo Gaia

A compañía de danza contemporánea Entremáns presentará na Casa da Cultura de Milladoiro o seu espectáculo visual Gaia. Trátase dunha peza didáctica para toda a familia que mestura a voz, a danza, a pintura, a música e o audiovisual coa intención de achegar ao público a importancia da relación que o ser humano mantén coa natureza e o medio ambiente.

A obra dará comezo ás 18:00 horas do venres e as entradas están xa dispoñibles na Billeteira Electrónica a un prezo de 4 euros con descontos do 50% para maiores de 65 anos, menores de 20 anos e estudantes.

Comentarios