Aberto o prazo para solicitar a participación no programa “Vacacións en paz 2019”

Aberto o prazo para solicitar a participación no programa “Vacacións en paz 2019”

As familias de Brión que desexen participar deben solicitalo antes do 23 de novembro

O Concello de Brión anunciou que colaborará coa campaña solidaria Vacacións en Paz, que impulsa a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e que ten como obxectivo o acollemento temporal de nenos e nenas saharauís durante o verán. A tal efecto, chama ás familias brionesas que desexen participar no programa a dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello antes do 23 de novembro.

Vacacións en paz é un programa que procura ofrecer un verán agradable e enriquecedor aos nenos e nenas que viven nos campos de refuxiados do Sáhara. Non é a primeira vez que o Concello de Brión se suma a esta iniciativa, que en edicións anteriores uniu familias da vila con crianzas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tindouf, en Alxeria. 

Comentarios