A Gentalha do Pichel presenta a súa programación para o mes de novembro

A Gentalha do Pichel presenta a súa programación para o mes de novembro
A Gentalha do Pichel presenta a súa programación para o mes de novembro

Micoloxía, foliadas e magosto compoñen a axenda da asociación para as vindeiras semanas.

A asociación compostelá A Gentalha do Pichel deu a coñecer esta semana o calendario de eventos que ten programado para o mes de novembro no seu Centro Social.

A axenda comeza esta fin de semana coas Xornadas Micolóxicas que A Gentalha do Pichel organiza xunto co CSA do Sar. Será precisamente o CSA do Sar o que acollerá o venres 9 ás 19:30 horas o curso de Iniciación á Micoloxía para no día seguinte, sábado 10, realizar unha saída para apañar cogomelos que partirá ás 10:00 horas do CS O Pichel, onde tamén serán cociñados e degustados á volta.

Tamén o venres 9 terá lugar a primeira das Foliadas Abertas do Pichel, previstas para todos os segundos venres de cada mes e ás que están convidadas todas as persoas que queiran tocar e bailar. Dará comezo ás 20:00 horas para as crianzas e ás 22:00 horas para o público máis crecidiño.

Completa o cartel a celebración do Magosto Picheleiro o sábado día 17 a partir das 19:00 horas. Haberá actividades durante toda a tarde e non faltarán os petiscos, a foliada e, por suposto, as castañas. 

Comentarios