Morre un operario en Arzúa tras quedar atrapado debaixo dunha carretilla elevadora

Morre un operario en Arzúa tras quedar atrapado debaixo dunha carretilla elevadora
Morre un operario en Arzúa tras quedar atrapado debaixo dunha carretilla elevadora

O 112 Galicia tivo constancia do suceso, sobre as 19:15 horas de onte, grazas á unha persoa particular que chamou para pedir axuda

Un operario perdeu a vida onte mentres realizaba o seu traballo nun almacén, situado na N-547, concretamente, no lugar de Laberco, no concello coruñés de Arzúa.

O traballador reparaba unha carretilla elevadora en dito almacén e foi precisa a intervención dos Bombeiros de Arzúa para liberar ao home atrapado baixo a máquina.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso, sobre as 19:15 horas de onte, grazas á unha persoa particular que chamou para pedir axuda.

Así, nada mais recibir o aviso do alertante, dende o 112 informouse, de inmediato, ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros. Do mesmo xeito, alertouse á Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Os servizos de emerxencia desprazados ao punto só puideron confirmar o falecemento da persoa. 

Comentarios
Lo más