A nova dirección de Podemos Galicia convoca primarias en once municipios galegos

Foto de arquivo
A nova dirección de Podemos Galicia convoca primarias en once municipios galegos

O calendario pecharase o 27 de novembro coa publicación dos resultados.

A nova dirección de Podemos Galicia convocou primarias nas once localidades galegas que cumpren os requisitos estipulados para a elección de secretarios municipais: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ames, Gondomar, Sanxenxo e Sarria.

O anuncio realizouse aproveitando a celebración da primeira reunión do Consello Cidadán Autonómico. O calendario previsto ábrese coa inscrición de candidaturas e pecharase o 27 de novembro coa publicación dos resultados. 

A decisión tomouse despois de que Podemos Vigo ofrecese á Marea de Vigo a posibilidade de presentarse xuntos ás próximas municipais. O motivo sería que a dirección de Podemos, encabezada por Gómez-Reino, non desexa poñerllo fácil a Juan Merlo, exdeputado autonómico que presentará a súa candidatura á secretaría xeral viguesa. Tamén Podemos 15M, crítico coa dirección anterior, mostrou a súa dipoñibilidade para establecer alianzas. 

Comentarios