O BNG convoca hoxe concentracións contra a decisión do Tribunal Supremo sobre as hipotecas

O BNG convoca hoxe concentracións contra a decisión do Tribunal Supremo sobre as hipotecas
O BNG convoca hoxe concentracións contra a decisión do Tribunal Supremo sobre as hipotecas

En Compostela terá lugar ás 20:30 horas na Praza do Toural.

O Bloque Nacionalista Galego convocou para a tarde de hoxe, xoves 8 de novembro, concentracións nas sete cidades galegas para mostrar o rexeitamento á decisión do Tribunal Supremo de cargar o imposto das hipotecas aos clientes e non aos bancos. En Compostela terá lugar ás 20:30 horas na Praza do Toural, que decorrerá baixo o lema A xustiza española ao servizo do poder e contra o pobo.

Comentarios