Máis de 30.000 euros para mellorar as escolas infantís de Ames

Máis de 30.000 euros para mellorar as escolas infantís de Ames
Máis de 30.000 euros para mellorar as escolas infantís de Ames

O Concello destina 10.000 euros para comprar material didáctico para O Bosque de Bertamiráns e A Magdalena de O Milladoiro, e acaba de recibir unha concesión de 23.610 euros para a mellora da rede pública de escolas infantís

O Concello invistiu fondos propios, incluídos no orzamento do 2018, para comprar material didáctico por un valor de 10.000 euros. Este material vai destinado para as escolas infantís O Bosque de Bertamiráns e A Magdalenda do Milladoiro. Tamén parte do orzamento investido foi para a impartición de cursos formativos dirixidos ao personal de ditos centros.

Por outra parte, o Concello de Ames acaba de recibir a notificación da concesión dunha axuda da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para invstimentir na mellora da rede pública de escolas infantís do Concello. O gasto total subvencionable ascende a 23.610,57 euros e o 80% está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2014-2020). 

Comentarios
Lo más