O BNG de Boiro insta ao Concello a que realicen instalacións de iluminación adicionais nos pasos de peóns

Foto de arquivo
O BNG de Boiro insta ao Concello a que realicen instalacións de iluminación adicionais nos pasos de peóns

Esta petición ven motivada por un recente atropelo na intersección da rúa Praia Xardín coa Avenida de Compostela

O concelleiro do BNG, Carlos Blanco Ansoar, dirixiu un escrito ao alcalde do Concello de Boiro solicitando "a mellora da instalación de iluminación exterior nos pasos de peóns, cruces e rotondas, atendendo a criterios de seguridade para as persoas e segundo a normativa vixente".

Blanco Ansoar afirma que o perigo é preocupante nas vías de circulación de dobre sentido. Segundo o regulamento de Eficiencia de Iluminación Exterior, a iluminación adicional dos pasos dos peóns debe de ser prioritaria naqueles que non estean regulados pola rede semafórica, pero considera que esta medida debería de ser xeral en todos os pasos de peóns atendendo a criterios de seguridade. Así mesmo, tamén habería que mellorar a iluminación nos cruces e rotondas.

Comentarios