Trasladan a un conductor ao Hopistal por incendiarse a súa furgoneta

Trasladan a un conductor ao Hopistal por incendiarse a súa furgoneta

Ocorreu no campo de fútbol do Castelo, na parroquia de Lérez, ao fío das 13:45 horas

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Pontevedra ao queimarse despois de que a furgoneta na que circulaba comezase a arder. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa que viaxaba no turismo incendiado tivo que ser trasladada polos efectivos sanitarios ao Hospital Montecelo.

Ocorreu no campo de fútbol do Castelo, na parroquia de Lérez, ao fío das 13:45 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar dos feitos e, decontado, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil.

Comentarios