José Martín Carreira recibe o Premio á Profesión en Radioloxía

José Martín Carreira recibe o Premio á Profesión en Radioloxía

O doutor Carreira é radiólogo intervencionista na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago e profesor titular de Radioloxía e Medicina Física

A Sociedad Española de Radiología no Día Internacional da especialidade que se celebrou onte, fai entrega dos seus premios anuais. Nesta ocasión decidiu outorgarlle o Premio á Profesión en Radioloxía 2018 a José Martín Carreira Villamor, un recoñecemento que fai a sociedade “aos compañeiros que máis se teñan distinguido ao longo da súa traxectoria profesional”. A entrega tivo lugar note no Ilustre Colexio de Médicos de Madrid.

O doutor Carreira é radiólogo intervencionista na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago e profesor titular de Radioloxía e Medicina Física. Na actualidade é vicedecano de docencia clínica na Facultade de Medicina da USC. José Martín Carreira ten participado en múltiples actividades científicas como congresos, reunións científicas... e no ámbito docente, en cursos de doutoramento e másters. 

Ten realizado máis de 200 contribucións entre publicacións nacionais e internacionais, comunicacións a congresos e libros e capítulos de libros. Leva participado en 22 proxectos de investigación subvencionados.

Destaca a realización do libro “Diagnóstico e Terapéutica Endoluminal. Radiología Intervencionista” no que participaron máis de 170 colaboradores de todo o mundo e no que se intentou incluír todos os aspectos básicos e máis especializados que rodean á área do coñecemento da Radioloxía Intervencionista.

Comentarios