Reciben a ATEGAL polo su 40 aniversario

Reciben a ATEGAL polo su 40 aniversario

A entidade conmemora esta efeméride cunha xornada de confraternización e visibilización na que participan unhas 400 persoas

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acompañada doutros membros da Corporación e do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, recibiu no Pazo de Raxoi a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), con motivo da celebración dos 40 anos das Aulas de Galicia.

A entidade conmemora esta efeméride cunha xornada de confraternización e visibilización na que participan unhas 400 persoas, alumnos e alumnas das nove sedes que Ategal ten en Galicia.

A xornada de celebración arrincou no Monte do Gozo, onde o alumnado de Ategal iniciou unha peregrinación ata a Catedral de Santiago. Debido á choiva, a peregrinación só foi testemuñal. Logo, a delegación, encabezada polo presidente de Ategal, Ángel Fagilde, foi recibida no Pazo de Raxoi, onde a concelleira Concha Fernández pronunciou unhas palabras de benvida e de felicitación á entidade polo seu labor.

Despois da recepción, a comitiva dirixiuse á Catedral para participar na misa do peregrino e realizar a ofrenda ao Apóstolo. A xornada rematou cun xantar no Hostal dos Reis Católicos. 

Comentarios