O Concello convoca 15 prazas novas nunha oferta pública de emprego

O Concello convoca 15 prazas novas nunha oferta pública de emprego

O Concello convocou un total de 15 prazas, ás que se presentan 28 persoas

O Boletín Oficial da Provincia publica onte a listaxe de persoas admitidas e excluídas en procesos de promoción interna postos en marcha polo Concello, correspondentes á Oferta Pública de Emprego. O Concello convocou un total de 15 prazas, ás que se presentan 28 persoas (25 en promoción interna e 3 en mobilidade interadministrativa).

Para as catro prazas de persoal técnico de xestión do grupo A2 hai un total de seis aspirantes. O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 28 de novembro de 2018, ás 12:00 horas, na aula de formación do Concello. 

Para as dúas prazas de inspector principal da Policía Local, unha delas por mobilidade interadministrativa, hai un total de tres persoas admitidas. Neste caso, o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 14 de decembro de 2018, ás 12:00 horas, tamén na aula de formación.

O BOP tamén publica a listaxe de persoas admitidas para as tres prazas de inspector/a de Policía Local, ás que se presentan tres oficiais do corpo. A proba será o 17 de decembro ás 12 da mañá, na aula de formación do Concello. Finalmente, hai un total de 13 persoas admitidas e 2 excluídas para as 4 prazas convocadas para oficial da Policía Local e tres persoas admitidas para as dúas prazas de mobilidade interadministrativa. O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 13 de decembro de 2018, ás 12:00 horas.

Quedan así mesmo constituídos os tribunais que deberán valorar os exercicios a realizar en cada unha das categorías (técnico/a de xestión, inspector/a principal da Policía Local, inspector/a da Policía Local e oficial da Policía Local). 

Comentarios