O Concello de Ribeira asina cinco convenios de colaboración con entidades sociais

O Concello de Ribeira asina cinco convenios de colaboración con entidades sociais

Os fondos totais destinados ás axudas ascende a 18.600 euros.

Nun acto celebrado onte no salón de plenos do Consistorio de Ribeira, o Concello asinou cinco convenios de colaboración cinco entidades sociais que operan no municipio: as asociacións A Creba, Ambar e Amicos, e as fundacións Amigos de Galicia e Faibén de Apoio á Infancia.

Os convenios subscritos supoñen a concesión de axudas de carácter municipal para o financiamento de proxectos desenvolvidos en 2018. Os fondos totais destinados a estas axudas ascende a 18.600 euros.

No acto de sinatura participaron, ademais das entidades beneficiarias, o alcalde, Manuel Ruiz, e a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño. Na súa intervención, Ruiz destacou o apoio que estas asociacións e fundacións prestan a diversos colectivos sociais, e expresou a súa confianza en que se incrementen as partidas orzamentarias para este tipo de entidades no próximo ano.

Comentarios