O Concello de Lousame convoca un curso de defensa persoal para mulleres

Foto de arquivo
O Concello de Lousame convoca un curso de defensa persoal para mulleres

Terá lugar os sábados 24 de novembro e 1 de decembro en horario de 16:00 a 20:00 horas.

O Concello de Lousame, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Loita, organiza o Curso de defensa persoal e autocapacidade para mulleres e mozas, que consistirá en dúas sesións de adestramento físico e psíquico para enfrontar situacións problemáticas.

O curso terá lugar os sábados 24 de novembro de 1 de decembro de 16:00 a 20:00 horas no ximnasio do CPI Cernadas de Castro e será impartido por especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita.

A participación é gratuíta, pero as interesadas deberán anotarse antes do 20 de novembro na Concellería de Igualdade de Lousame. As mozas menores de idade que desexen participar terán que presentar unha autorización. Ademais, o Concello ofrecerá ás participantes un servizo de atención a crianzas de 3 a 12 anos.

Esta iniciativa enmárcase na programación especial da Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres. As restantes actividades programadas para conmemorar o 25 de novembro serán presentadas na cuarta reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame, que se celebrará mañá de hoxe no salón de plenos do Concello de Lousame. 

Comentarios