Touro recupera o vello oficio da cestería

Touro recupera o vello oficio da cestería

O curso organizado polo Concello reuniu un grupo de veciños e veciñas.

Esta semana deu comezo o curso de cestería organizado polo Concello de Touro, que reuniu un grupo de veciños e veciñas interesadas en coñecer a tradición e recuperar os vellos oficios artesanais. Durante os vindeiros meses, e ata a primavera de 2019, este grupo de aprendices elaborará os seus cestos a partir de materiais naturais como bimbios, salgueiros ou mimosas.

Este é o sexto ano en que se desenvolve esta iniciativa, grazas á implicación do mestre cesteiro Manuel Rilo.

Comentarios