Unha fronte moi activa afectará a cidade durante todo o día

Unha fronte moi activa afectará a cidade durante todo o día

En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima de 14ºC

Unha borrasca moi profunda localizada ao oeste de Irlanda enviará unha nova fronte durante este día. 

Deste xeito agardamos ceos cubertos con chuvias que comezarán durante a mañá na metade oeste e que chegarán a toda Galicia co avance do día. 

Estas chuvias serán especialmente persistentes e cuantiosas nas provincias da Coruña e Pontevedra. 

As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima de 14ºC.

Os ventos soprarán fortes do suroeste, con refachos moi fortes entre Fisterra e Estaca de Bares.

Comentarios