Segunda saída micolóxica de Aula da Naturaleza do Concello de Ames

Foto de arquivo
Segunda saída micolóxica de Aula da Naturaleza do Concello de Ames

Terá lugar este sábado 10 de novembro dass 11:00 horas ás 17:30 horas

A segunda saída micolóxica das tres programadas para este outono terá lugar este sábado 10 de novembro. Organizada por Aula da Natureza e dirixida pola experta en micoloxía, Sira López, ten como obxectivo achegar o mundo dos cogomelos aos asistentes, que poderán iniciarse ou asentar os seus coñecementos para a identificación e recoñecemento das distintas especies.

A sáida do autobús será as 10:30 horas dende a Casa da Cultura de Milladoiro e pasará pola praza do Concello de Bertamiráns 15 minutos máis tarde. Debido á previsión de chuvia, a actividade terá lugar polas carballeiras, prados e ribeira do lugar de Quintáns (polos arredores do edificio da Aula da Natureza). 

Para participar nesta actividades hai que inscribirse no enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes das 14:00 horas de hoxe. Para máis información pódese chamar ao teléfono 660 004 665.


Comentarios