O alcalde proponlle ao vicepresidente da Xunta que incorpore Protección Civil de Noia ao reforzo do mapa de emerxencias

O alcalde proponlle ao vicepresidente da Xunta que incorpore Protección Civil de Noia ao reforzo do mapa de emerxencias

Tamén pediu a colaboración na rehabilitación da Casa Consistorial e un novo vehiculo para a Policía Local

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, reuniuse onte co alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri. Neste encontro plantexáronse tres temas principais: a incorporación de Protección Civil de Noia ao mapa de emerxencias deseñado pola Xunta, a rehabilitación da sobrecuberta e fachada da Casa Consistorial e a adquisición dun novo vehículo para a Policía Local.

O alcalde e a concelleira aseguraron que Noia xa conta cunhas importantes infraestructuras, instalacións e persoal preparado para prestar o servizo anteriormente mencionado: "Plantexámoslle a posibilidade de mellorar esas instalacións e que parte do custo do persoal, que na actualidade asume o Concello, sexa asumida pola Xunta e a Deputación", indica Santiago Freire.

Tamén plantexaron un proxecto de mellora da Casa Consistorial cun orzamento, cofinanciado entre o Concello e a Consellería, de 45.000 euros do que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achegaría entre o 70% e o 80%.

Finalmente, falouse da necesidade dun novo vehículo para a Policía Local que suporía un gasto duns 30.000 euros que tamén sería cofinanciado entre o Concello e a Consellería.

Comentarios