Laura Hospido, economista do Banco de España, presenta hoxe na USC a Enquisa de Competencias Financieiras

Foto de arquivo
Laura Hospido, economista do Banco de España, presenta hoxe na USC a Enquisa de Competencias Financieiras

A presentación terá lugar as 10:00 horas na aula 31 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Hoxe na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, terá lugar un seminario sobre o informe resultante da Enquisa de Competencias Financieiras, impartido por Laura Hospido, economista sénior na División de Análises Mircroeconómicos do Banco de España.

Dita enquisa, de cuxo informe Hospido é coautora, é unha iniciativa conxunta do Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valres co obxectivo de medir as competencias financieiras da poboación adulta. 


Comentarios
Lo más