Xornada de portas abertas no terceiro aniversario do Museo das Peregrinacións

Xornada de portas abertas no terceiro aniversario do Museo das Peregrinacións
Foto de arquivo
Xornada de portas abertas no terceiro aniversario do Museo das Peregrinacións

Haberá ademais visitas contadas e comentadas, así como un concerto de música renacentista.

A Xunta de Galicia conmemora hoxe, o terceiro aniversario do Museo das Peregrinacións coa celebración dunha xornada gratuíta de portas abertas entre as 09:30 e as 20:30 horas. Durante a visita, as persoas participantes poderán contemplar as coleccións de escultura, pintura, bens arqueolóxicos e elementos etnográficos relativos á iconografía e culto xacobeo.

A programación inclúe visitas contada da man de Teatro En Punto, que terán lugar ás 11:00, ás 12:00 e ás 13:00 horas, e tamén unha visita comentada polo arquitecto Ángel Panero para a que é preciso ter inscrición previa. A xornada pecharase ás 19:30 horas cun concerto de música renacentista da Capela Compostelana.


Comentarios
Lo más