O GALI impide que un vertido de gasóleo chegue ao río en Oleiros

Foto de archivo
O GALI impide que un vertido de gasóleo chegue ao río en Oleiros

Sobre as 06:00 horas a fuga quedou neutralizada

A intervención do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) impideu que os residuos de gasóleo derramados, procedentes dun depósito nun baixo anegado, chegaran ao río. 

Sobre as 22:30 horas, un veciño da rúa da Xencia, en Liáns (Oleiros) informaba ao 112 Galicia de que tiña o sótano da casa inundado pola auga procedente do alcantarillado. Tras a chegada á vivenda dos serivizos de emerxencias, comprobouse que eran necesarios medios de contención xa que había un tanque rebosante de gasóleo no baixo.

Tras poñer os feitos en coñecemento do persoal do Concello e do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, decidiuse que, para evitar que o vertido chegara ao río, se desprazara ata o lugar o equipo do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) de la Axencia Galega de Emerxencias ( AXEGA) con material absorbente.

Sobre las 06:00 horas de hoxe, personal do GALI y os bombeiros comunicaban ao 112 Galicia o final da intervención. A fuga quedara neutralizada y os residuos recollidos nun bidón, á espera de ser retirados polos técnicos cualificados.

Comentarios