Atropelo mortal en Ferrol por un condutor ebrio

Foto de arquivo
Atropelo mortal en Ferrol por un condutor ebrio

Os feitos tiveron lugar na intersección da Estrada de Castela co Camiño de Barbeito

En Ferrol, un varón de 73 años, que responde ás iniciais M. G. C., finaba por mor de ser atropelado por un turismo nun paso de peatóns. O sinistro tivo lugar na confluencia da Estrada de Castela co Camiño de Barbeito. O condutor, J. M. D. P. de 41 anos, deu positivo nas probas de alcoholemia que se practicaron e atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial.

Os feitos aconteceron sobre as 18:30 horas de onte. Uns particulares chamaron ao 112 para alertar de que se producira un atropelo á altura de Motos Gil, na Estrada de Castela. Despois de persoarse a Policía Local de Ferrol, o 061 trasladou ao home ata o complexo hospitalario de Ferrol pero falecía no traxecto.

Comentarios