A Audiencia da Coruña condena a tres anos e catro meses de cárcere ao home que golpeou a súa parella cun martelo

A Audiencia da Coruña condena a tres anos e catro meses de cárcere ao home que golpeou a súa parella cun martelo

Os maxistrados absolveron ao sospeitoso do delito de homicidio tentado do que lle acusaba a Fiscalía porque consideran que carecía de intención de matar

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e catro meses de prisión como autor dun delito de lesións con instrumento perigoso a un home que en xullo de 2016 golpeou a súa parella cun martelo na cabeza nunha vivenda de Narón tras discutir con ela porque se negou a darlle unha tarxeta de crédito para evitar que comprase droga. O tribunal tivo en conta a atenuante de alteración psíquica e a agravante de parentesco.

Os maxistrados absolveron ao sospeitoso do delito de homicidio tentado do que lle acusaba a Fiscalía porque consideran que carecía de intención de matar. Así, destacan que os golpes máis importantes se produjeron na cabeza e que, aínda que se trata dunha zona “perigosa”, non existiu “risco vital”. 

Ademais, sinalan que lle propinou cinco golpes “fortes, pero non de gran intensidade”. Os xuíces tamén indican que, aínda que o imputado tivo a posibilidade de “proseguir coa agresión”, optou por abandonar a vivenda para arroxarse dunha ponte.

Comentarios