Noriega participou na III Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Noriega participou na III Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Na Asemblea Xeral aprobouse a incorporación de novos socios e déuselle luz verde ao orzamento de 2019 da Asociación, que supera os 300.000 euros

O alcalde, Martiño Noriega, participou onte na III Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, celebrada na localidade navarra de Estella-Lizarra. Previamente celebrouse a reunión da xunta directiva, na que Santiago ten a única vogalía permanente.

Na Asemblea Xeral aprobouse a incorporación de novos socios e déuselle luz verde ao orzamento de 2019 da Asociación, que supera os 300.000 euros. Tamén se presentou a nova AppCamino, dispoñible xa para Android e IOs, e que ten como obxectivo axudar ás persoas que percorren o Camiño de Santiago e axudar tamén ao mantemento da ruta xacobea.

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago creouse en 2015, con 22 socios. A día de hoxe, conta xa con 83 socios, despois da incorporación definitiva na Asemblea de onte de Pamplona-Iruña e Valverde de la Virgen. 

Comentarios