O CHUS viviu un simulacro de emerxencia

O CHUS viviu un simulacro de emerxencia

A situación que se simulou contemplou a actuación do corpo de bombeiros e a participación de servizos médicos externos para proporcionar os primeiros auxilios

A Unidade de Produción de Radiofármacos PET Galicia, que está situada a carón do Hospital Clínico de Santiago levou a cabo onte un simulacro de emerxencia, no que se mobilizarán os medios necesarios para facer fronte aos efectos dun suposto incendio xerado polo hipotético escape dunha bombona de gases, como consecuencia da cal se produciría un ferido, cando se realizaban labores de mantemento.

A situación que se simulou contemplou a actuación do corpo de bombeiros e a participación de servizos médicos externos para proporcionar os primeiros auxilios á persoa afectada fisicamente polo estalido.

Nesta figuración descartouse que o ciclotrón, –o acelerador de partículas que constitúe o núcleo da instalación–, resulte afectado polo incendio e, por tanto, actuouse en todo momento baixo a premisa de que non existe risco de radiación externa.

Esta actuación forma parte das accións preventivas programadas para avaliar a operatividade dos plans de actuación da instalación en situacións de emerxencia, a eficacia da resposta ante este tipo de escenarios, a capacitación do persoal e o seu adestramento, a suficiencia e idoneidade dos medios e recursos asignados e a adecuación dos procedementos de actuación.

A Unidade de Radifarmacos PET Galicia, coñecida coloquialmente como Ciclotrón, produce radiofármacos para os servizos de medicina nuclear de Galicia que dispoñen de equipos PET (tomografía por emisión de positróns, nas súas siglas inglesas), situados no Hospital do Meixoeiro de Vigo, Centro Oncolóxico de Galicia, en A Coruña, e o Hospital Clínico de Santiago. Os radiofármacos prodúcense pola noite, para que poidan estar listos á primeira hora do día nos centros sanitarios de destino e poder ser utilizalos nas exploracións PET dos pacientes antes de que perdan a súa vida radioactiva útil.

Comentarios