Compromiso pide que o Goberno Local acepte as demandas da banda municipal

Compromiso pide que o Goberno Local acepte as demandas da banda municipal

Compromiso reclama que se responda ás demandas que os sindicatos deron por escrito hai 5 meses

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso nas vindeiras eleccións municipais, pide ao Concello unha resposta de vez ao escrito presentado polos representantes sindicais o pasado 6 de xuño de 2018. 

Nese documento pregúntase sobre o procedemento de contratación de 6 músicos da Banda Municipal de Música para cubrir as distintas baixas.

Dende Compromiso lembran que a Banda foi declarada como servizo prioritario e pide unha solución a esta situación anómala que se está a prolongar no tempo.

Bascuas reclámalle ao Concello que remate con esta situación anómala de contratos en precario e que non se saquen as prazas a concurso, “e mesmo non semella moi regular que un servizo declarado prioritario bote tanto tempo mal cubrindo a praza de director co subdirector, por non falar da precariedade laboral doutros postos da Banda”.

Comentarios