Santiago repite cunha situación de borrascas intensas

Santiago repite cunha situación de borrascas intensas

En Compostela a temperatura mínima será de 12ºC e a máxima de 14ºC

O sábado persiste a influencia dunha borrasca situada entre Islandia e Irlanda, afectando a toda Galicia e deixando un réxime de ventos intensos do suroeste. 

Polo tanto, agardamos un día de ceos anubrados con chuvias, máis persistentes no oeste e sur da Comunidade e de carácter máis intermitente no norte e leste. 

As temperaturas mínimas estarán en moderado ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima será de 12ºC e a máxima de 14ºC.

O vento soprará forte do sudoeste.

Comentarios