ABANCA recoñece o traballo dos empregados que cumpriron 25, 30, 35, 40 e 45 anos de servizo no banco

ABANCA recoñece o traballo dos empregados que cumpriron 25, 30, 35, 40 e 45 anos de servizo no banco

O acto, celebrado no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, contou coa presenza do presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez

ABANCA recoñeceu onte, mediante a entrega de insignias conmemorativas, a traxectoria profesional de 215 empregados que en 2018 cumpren 25, 30, 35, 40 e 45 anos de servizo. Un total de 10 dos profesionais que recibiron este galardón desempeñan as súas funcións na Dirección Territorial de Santiago.

O acto, celebrado no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, contou coa presenza do presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e os directivos do Comité de Dirección.

Na súa intervención, Juan Carlos Escotet Rodríguez transmitiu aos homenaxeados o recoñecemento polos máis de 25 anos de traballo na entidade. “O capital humano sodes a mellor peza para o que banco funcione cada día. Os empregados e empregadas de ABANCA sodes os que dades sentido e valor á nosa entidade”, afirmou o presidente de ABANCA.

Pola súa banda, Francisco Botas asegurou que “hai que ser un bo profesional, digno de confianza, para cumprir tantos anos de traballo nunha organización, e vós demostrastes selo”.

Comentarios