O CSIC continúa hoxe en Santiago de Compostela coa conmemoración do “Mes da Ciencia en Galego”

O CSIC continúa hoxe en Santiago de Compostela coa conmemoración do “Mes da Ciencia en Galego”

O obradoiro será de 17.00 a 19.00 horas.

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) continúa en Galicia coa conmemoración do “Mes da Ciencia en Galego” a través de actividades na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) e na Biblioteca Pública Juan Compañel (Vigo).

Hoxe, sábado 10 de novembro, terá lugar na Biblioteca e Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), o obradoiro “A pegada dos peixes”, que servirá para dar a coñecer á mocidade a diversidade de formas que presentan os peixes prantexando cuestións como por que teñen ollos ou altas tan diferentes.

Os participantes observarán as distintas anatomías dos peixes e empregarase unha técnica de expresión artística doutros tempos para plasmalas en papel e téxtil, chamada Gyotaku.

O obradoiro será de 17.00 a 19.00 horas.

Comentarios